martes, 8 de junio de 2010

"29 años, 9 meses y 1 día"

O pasado un de Xuño o grupo ourensán "Los Suaves" presentou o dvd que se vai grabar o 18 de Septembro nun concerto que brindará esta mítica banda de rock a nosa cidade. O título do dvd-libro será "29 años, 9 meses y 1 día" conmemorando os 30 anos de vida dunha das bandas mais importantes de rock iberico de todolos tempos, e que todos ourensáns temos a sorte de percibir mais de preto.
Sería convinte sinalar a trasecendencia que teñen "Los Suaves" no panorama musical, e que moitas veces como acostuma a facer o ser human, os que os temos o noso carón non valoramos como é debido. Mais alá dos amantes do estilo da música que práctican ou da súa simpatía hacia eles, creo que todolos ourensáns temos unha gran razón para estar orgullosos dunha formación musical de primeiro nivel que nos vai representando alá por onde van.
"Los Suaves" en verbas do seu vocalista Yosi "No sé si iré al cielo o al infierno, pero lo que estoy seguro es que será desde Ourense" deixan ben claro o que representa para eles esta cidade, debe ser unha relación recíproca na que @s habitantes desta cidade debemos correspondelos.

As primeiras 5000 entradas puxeronse a venda o día 7 a un prezo de 6 euros + gastos de distribución, nese mesmo día vendéronse 1000. Cando as entradas estean agotadas sairán a venda outras 2500 a un prezo de 10 euros + gastos de distribución.

Para mais información:
http://www.musikaze.com/eldirectodelossuaves

Unhas fotiñas do día da presentación.


Chegada do grupo a praza que leva o seu nome.

Rolda de prensa.

(Pode ser que estivera pensando nalgunha letra nestes intres)

A paixón saiu a relucir en determinados momentos.

En difinitiva era un día moi feliz.

A formación o completo menos Tino o batería que non asistiu.