martes, 27 de abril de 2010

CUARTA PROXECCIÓN


Continuamos pontinos, con esta iniciativa cinéfila coa intención de que algúns de vos podades disfrutar de curtas, cine, e creaccións audiovisuais, todo isto de balde e o ladiño das vosas casas. Queda pouco para o fin de este primeiro proxecto conseguido por brincanedos. Os nosos esforzos a partires de agora centraranse en conseguir celebrar no noso barrio, un novo PONTE-ROCK, iremos avanzando novas dende aqui.
De momento disfrutemos do audiovisual, nun par de meses esperemos disfrutar de boa música neste lado do rio Miño.

Xoves 29, as oito e media na asociación de veciños da ponte

miércoles, 21 de abril de 2010

TERCEIRA XORNADA


Nesta terceira xornada proxectaremos o filme documental " De muro a muro " de Patric Jean

SINOPSIS

Do ex muro de Berlín a Ceuta, Esta road movie percorre Europa en o menos catro fronteiras: unha sociedade mestiza, multicultural, rica na súa diversidade que deixa a un lado a súa tradición de rexeitar. Do norte o sur, os reencontros, o humor e a tenrura de homes e mulleres ocupanse con enerxía e xenerosidade da nova sociedade . Mais alá de tópicos, o filme ten unha mirada optimista, e as veces sonrinte sobre Europa e a inmigración.

No sitio de sempre a mesma hora:
Asociación de veciños da ponte canedo as oito e media deste Xoves vintedous.

miércoles, 14 de abril de 2010

SEGUNDA PROXECCIÓN


O ciclo de cinema segue adiante, grazas a todolos asistentes da primeira proxección. Esperamos continuar crecendo.Desta vez a temática terá a intención de concienciar e ensinar un pouco como funciona este podre mundo no que vivimos.

jueves, 8 de abril de 2010

CICLO DE CINEMA


Comeza o ciclo de cinema organizado por nós (asociación brincanedos), conxuntamente coa asociación de veciños da ponte canedo. Estades todos convidados a disfrutar de balde desta iniciativa que perdurará durante un mes ( a lo menos ) un día por semana. Toda a información estará colgada no blogue da asociación.
Aquí vos queda o primeiro cartel, xoves 8 de Abril as oito e media, PRIMEIRA SESIÓN¡¡
VEMONOS ALÍ¡¡