Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de mayo de 2010

QUINTA E DERRADEIRA


Grazas a todolos asistentes as proxeccións, toca o fin.Xoves 6 no sitio de sempre, despedimonos con curtas deste festival. Tentaremos nun futuro voltar a organizar outro similar, estaredes informados por medio de cartelería e do blogue. Agora tentaremos de dar un paso grande para a nosa asociación e o barrio, a celebración dun novo ponterock.
De novo, todala xente que queira aportar ideas,talento,forzas, será benvida. Queremos que o nosos barrio e a xuventude resurxan do seu letargo.

Xoves 6 as oito e media, na asociación de veciños da ponte canedo

martes, 27 de abril de 2010

CUARTA PROXECCIÓN


Continuamos pontinos, con esta iniciativa cinéfila coa intención de que algúns de vos podades disfrutar de curtas, cine, e creaccións audiovisuais, todo isto de balde e o ladiño das vosas casas. Queda pouco para o fin de este primeiro proxecto conseguido por brincanedos. Os nosos esforzos a partires de agora centraranse en conseguir celebrar no noso barrio, un novo PONTE-ROCK, iremos avanzando novas dende aqui.
De momento disfrutemos do audiovisual, nun par de meses esperemos disfrutar de boa música neste lado do rio Miño.

Xoves 29, as oito e media na asociación de veciños da ponte