sábado, 17 de julio de 2010

RATONES KOLORAOS





Sen ningunha dúbida das bandas participantes no PONTE ROCK 2010, RATONES KOLORAOS é a que conta cunha traxectoria mais grande. Chegados dende Madrid para deleite de todolos asistentes a este gran festival do día 23, serán os últimos en tocar poñendo a guinda a este apetecible pastel que tanto costou cociñar.

BIOGRAFÍA:

Cando Elías, cantante e guitarra de RATONES KOLORAOS, propuso fai xa algúns anos a Manolo, guitarra, a Epi, baixo, e a Tomás, batería e percusión, a idea de plasmar en música e textos toda unha serie de inquietudes personais e sociais, ninguen podería entrever o resultado que estos acontecementos acarrearían no submundo musical alternativo dos que loitan contra o "BAKALADISMO" e o "POP CEBOLLERO" .

Seis anos acontecen de estes feitos cando LA HISTORIETA, banda na que se desenrolaban Tomi, Manolo y Epi, vagaba por antros, locais e tabernas ofrecendo os seus espectadores sons de Rock aderezados con textos satíricos e ritmos ben afianzados.

Tomás Blázquez, batería e percusión, todavía hoxe recibe, ainda que xa pasaron varios lustros, fogonazos de recordos dos seus escarceos europeos con THE PLEASURE FUCKERS, do seu paso polo flamenco-fusión de ANGEL MORENO CUARTETO, ademais da súa estancia na banda de R&B SHEREZADE.

Adolfo Iriarte "Epi", baixo, rememora os seu sus comezos en formacións como SOUL BISONTES, GNOSIS, CABALLO LOCO, SHEREZADE, e o seu devenir como técnico de son durante moitos anos, acompañando a bandas hoxe en día encumbradas.

Nun punto de inflexión, Elías Banegas, autor, letrista, guitarra, músico de bandas como APOCALIPSYS, ÁCIDO, EL LÍMITE, e antiguo kolega de Tomi, plantexa a LA HISTORIETA un novo exercicio, se cabe máis divertido e desenfadado. Noutras palabras: RATONES KOLORAOS.

Esbozan unha serie de concertos en lugares inusuais como tascas, asociacións culturais e de veciños, actuacions na vía pública, que conseguen aglutinar a un amplio repertorio de xentes que, máis tarde, serán os afianzadores de que o proxecto siga adiante, ata conformar o que é agora, ..... unha formación sólida, concisa, potente coas metas moi claras: facer que o público disfrute cunha música ben elaborada e apoyada por uns textos accesibles e fortes e que fan traballar as neuronas.

Durante estes anos de descargas, RATONES KOLORAOS moveronse por todolos diferentes espectros da movida musical: radios, TVs, concertos, festivais, etc., grazas o desparpaxo co que empregaron as suas diversas maquetas que foron elaborando o largo d sua todavía corta, pero fructuosa, carrera.

En 2004, Manolo decide abandoar o proyecto ratoneiro para embarcarse noutra nave.

Desde este intre, a formación convertese en TRÍO, navegando polas procelosas augas do "SIN TRAMPA NI KARTÓN" que conleva un terceto e que refresca e renova a visión dos inicios máis ácidos da banda.

Con 2 traballos na rua, fresquiños, directos ó entrecello, plantexan o seu potencial público un espectáculo auditivo, sonoro, pero tamén visual, no que o respetable está continuamente chamado a provocación para interactuar co que acontece enriba do escenario.

O tercer álbum, que acaba de ver a luz, trae aires renovados a un proxecto cada día máis maduro.

En poucas palabras, ritmos SKA, REGGAE, mezclados coa potente descarga do ROCK AND ROLL e e PUNK, e aliñados coa sempre apetecible visión dunha posta en escea sorprendente e provocadora e do importantísimo derroche de mensaxes non aptos para espíritus apocados.

RATONES KOLORAOS

FORMACIÓN:

Elías(guitarra e voz)

Epi(baixo e voz)

Tomi(batería)


www.myspace.com/ratoneskoloraos

www.ratoneskoloraos.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario