viernes, 16 de julio de 2010

MALAGOIRO (TRIBUTO AL PUNK DE LOS 80)




A década dos 80 foi unha epoca combulsa,acababase de superar ó franquismo e a transición non foi un camiño de rosas precisamente. A xente que poboaba o estado español nestos tempos sufriu unha inxección de libertade que foi complicado administrar, foi o momento de loitar por moitas cousas, de loitar po-las liberdades roubadas por un dictador durante casi 40 anos. A xuventude tiña ganas de rebeldía e de actuar para en pouco tempo recuperar o perdido, asi xurdiu ó chamado Rock Radical Vasco e con el un movemento musical que reunía a grupos de diferentes estilos musicais como o punk, rockurbano, ska o reggae, pero cunha influencia do punk nos seus inicios que recordaba a grupos como Sex Pistols, Ramones ou The Clash.

A etiqueta de Rock Radical Vasco xurdiu en 1983 da mao de José Mari Blanco (manager da Polla) y Mariano Goñi, tras un festival contra a adhesión de España a OTAN. Algúns grupos rexeitaron a etiqueta por considerala comercial e outros por incluir a palabra "vasco", reivindicándose como apátridas.

Algúns dos grupos pertencentes o RRV, ainda que a gran mayoría rexeitaba este término: Cicatriz, Delirium Tremens, Eskorbuto, Korroskada, Kortatu, La Polla Records ,M.C.D, RIP, Tijuana in blue, Vómito, Vulpes

Os 80, tempos duros, esperanzadores a pesar da lacra da heroína que foi a gran problemática(en canto a drogas) desta década, deixou a grandes bandas de punk e persoas no camiño.

Despois desta breve introducción histórica, temos que falar de MALAGOIRO, grupo que nace fai 4 meses con ese afan reivindicativo dos 80, a intención dos seus compoñentes é recuperar esa rebeldía de antano e despertar a sociedade do seu letargo, unha sociedade visiblemente acomodada,sen ideais,nin causa xusta pola que loitar.

Malagoiro nace como un grupo de versións de punk ibérico dos 80, pero a boa onda entre os seus compoñentes fai que nos últimos concertos o grupo brinde o público temas de propia creación ademais das clásicas versións,a loita,rebeldía e diversión estan aseguradas.

MALAGOIRO

FORMACIÓN:

Txinguin (Guitarra e voz)

Diego (Baixo e voz)

Pulpon (Batería)

Os compoñentes de MALAGOIRO pese a súa xuventude, teñen unha larga traxectoria musical nas súas costas. Diego (baixo) é o ex-batería do grupo de Carballiño Kaso Aparte. Txinguin (Guitarra e voz)comezou no mundo da música moi cedo cos grupos Skroto e Skaralhados.Pulpón(batería)comezou tocando a batería de forma autodidacta, compartiu grupo con Txinguin en Skaralhados, agora mesmo compaxina MALAGOIRO cun gran proxecto como é pertencer dende fai uns meses a MATXETAZO NA PARROTXA.

www.myspace.com/malagoiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario