sábado, 17 de julio de 2010

CARTEL PONTE ROCK 2010


Pechamos esta ronda informativa do PONTE ROCK 2010 deixandovos a segunda versión do cartel para esta edición, agora solo queda disfrutar.

Día 23 de Xullo a partir das 22.00h no parque do lado da ponte romana todo o mundo esta convidado a pasalo en grande escoitando a 4 grupos de boa música.

O fin o rock voltará o noso barrio pontino.

ENTREVISTA A RATONES KOLORAOS-CANEDOROCK.COM

Podedes leer a entrevista que fai uns dias lle fixeron os responsables da paxina web CANEDO ROCK os RATONES KOLORAOS, nesta páxina web podedes atopar moita información referente a movementos musicais, axendas de concertos, entrevistas a grupos e calquer noticia referente o rock, unha moi boa fonte para estar informado de todo o que acontece en canto a música.

LINK DA ENTREVISTA
www.canedorock.com/index.php?option=com_content&task=view&id=2935&Itemid=21

HOMBRE LIBRE-VIDEOCLIP RATONES KOLORAOS

Primer videoclip da gran banda madrileña que en breves disfrutaremos no PONTE ROCK 2010.

RATONES KOLORAOS





Sen ningunha dúbida das bandas participantes no PONTE ROCK 2010, RATONES KOLORAOS é a que conta cunha traxectoria mais grande. Chegados dende Madrid para deleite de todolos asistentes a este gran festival do día 23, serán os últimos en tocar poñendo a guinda a este apetecible pastel que tanto costou cociñar.

BIOGRAFÍA:

Cando Elías, cantante e guitarra de RATONES KOLORAOS, propuso fai xa algúns anos a Manolo, guitarra, a Epi, baixo, e a Tomás, batería e percusión, a idea de plasmar en música e textos toda unha serie de inquietudes personais e sociais, ninguen podería entrever o resultado que estos acontecementos acarrearían no submundo musical alternativo dos que loitan contra o "BAKALADISMO" e o "POP CEBOLLERO" .

Seis anos acontecen de estes feitos cando LA HISTORIETA, banda na que se desenrolaban Tomi, Manolo y Epi, vagaba por antros, locais e tabernas ofrecendo os seus espectadores sons de Rock aderezados con textos satíricos e ritmos ben afianzados.

Tomás Blázquez, batería e percusión, todavía hoxe recibe, ainda que xa pasaron varios lustros, fogonazos de recordos dos seus escarceos europeos con THE PLEASURE FUCKERS, do seu paso polo flamenco-fusión de ANGEL MORENO CUARTETO, ademais da súa estancia na banda de R&B SHEREZADE.

Adolfo Iriarte "Epi", baixo, rememora os seu sus comezos en formacións como SOUL BISONTES, GNOSIS, CABALLO LOCO, SHEREZADE, e o seu devenir como técnico de son durante moitos anos, acompañando a bandas hoxe en día encumbradas.

Nun punto de inflexión, Elías Banegas, autor, letrista, guitarra, músico de bandas como APOCALIPSYS, ÁCIDO, EL LÍMITE, e antiguo kolega de Tomi, plantexa a LA HISTORIETA un novo exercicio, se cabe máis divertido e desenfadado. Noutras palabras: RATONES KOLORAOS.

Esbozan unha serie de concertos en lugares inusuais como tascas, asociacións culturais e de veciños, actuacions na vía pública, que conseguen aglutinar a un amplio repertorio de xentes que, máis tarde, serán os afianzadores de que o proxecto siga adiante, ata conformar o que é agora, ..... unha formación sólida, concisa, potente coas metas moi claras: facer que o público disfrute cunha música ben elaborada e apoyada por uns textos accesibles e fortes e que fan traballar as neuronas.

Durante estes anos de descargas, RATONES KOLORAOS moveronse por todolos diferentes espectros da movida musical: radios, TVs, concertos, festivais, etc., grazas o desparpaxo co que empregaron as suas diversas maquetas que foron elaborando o largo d sua todavía corta, pero fructuosa, carrera.

En 2004, Manolo decide abandoar o proyecto ratoneiro para embarcarse noutra nave.

Desde este intre, a formación convertese en TRÍO, navegando polas procelosas augas do "SIN TRAMPA NI KARTÓN" que conleva un terceto e que refresca e renova a visión dos inicios máis ácidos da banda.

Con 2 traballos na rua, fresquiños, directos ó entrecello, plantexan o seu potencial público un espectáculo auditivo, sonoro, pero tamén visual, no que o respetable está continuamente chamado a provocación para interactuar co que acontece enriba do escenario.

O tercer álbum, que acaba de ver a luz, trae aires renovados a un proxecto cada día máis maduro.

En poucas palabras, ritmos SKA, REGGAE, mezclados coa potente descarga do ROCK AND ROLL e e PUNK, e aliñados coa sempre apetecible visión dunha posta en escea sorprendente e provocadora e do importantísimo derroche de mensaxes non aptos para espíritus apocados.

RATONES KOLORAOS

FORMACIÓN:

Elías(guitarra e voz)

Epi(baixo e voz)

Tomi(batería)


www.myspace.com/ratoneskoloraos

www.ratoneskoloraos.com

viernes, 16 de julio de 2010

MALAGOIRO (TRIBUTO AL PUNK DE LOS 80)




A década dos 80 foi unha epoca combulsa,acababase de superar ó franquismo e a transición non foi un camiño de rosas precisamente. A xente que poboaba o estado español nestos tempos sufriu unha inxección de libertade que foi complicado administrar, foi o momento de loitar por moitas cousas, de loitar po-las liberdades roubadas por un dictador durante casi 40 anos. A xuventude tiña ganas de rebeldía e de actuar para en pouco tempo recuperar o perdido, asi xurdiu ó chamado Rock Radical Vasco e con el un movemento musical que reunía a grupos de diferentes estilos musicais como o punk, rockurbano, ska o reggae, pero cunha influencia do punk nos seus inicios que recordaba a grupos como Sex Pistols, Ramones ou The Clash.

A etiqueta de Rock Radical Vasco xurdiu en 1983 da mao de José Mari Blanco (manager da Polla) y Mariano Goñi, tras un festival contra a adhesión de España a OTAN. Algúns grupos rexeitaron a etiqueta por considerala comercial e outros por incluir a palabra "vasco", reivindicándose como apátridas.

Algúns dos grupos pertencentes o RRV, ainda que a gran mayoría rexeitaba este término: Cicatriz, Delirium Tremens, Eskorbuto, Korroskada, Kortatu, La Polla Records ,M.C.D, RIP, Tijuana in blue, Vómito, Vulpes

Os 80, tempos duros, esperanzadores a pesar da lacra da heroína que foi a gran problemática(en canto a drogas) desta década, deixou a grandes bandas de punk e persoas no camiño.

Despois desta breve introducción histórica, temos que falar de MALAGOIRO, grupo que nace fai 4 meses con ese afan reivindicativo dos 80, a intención dos seus compoñentes é recuperar esa rebeldía de antano e despertar a sociedade do seu letargo, unha sociedade visiblemente acomodada,sen ideais,nin causa xusta pola que loitar.

Malagoiro nace como un grupo de versións de punk ibérico dos 80, pero a boa onda entre os seus compoñentes fai que nos últimos concertos o grupo brinde o público temas de propia creación ademais das clásicas versións,a loita,rebeldía e diversión estan aseguradas.

MALAGOIRO

FORMACIÓN:

Txinguin (Guitarra e voz)

Diego (Baixo e voz)

Pulpon (Batería)

Os compoñentes de MALAGOIRO pese a súa xuventude, teñen unha larga traxectoria musical nas súas costas. Diego (baixo) é o ex-batería do grupo de Carballiño Kaso Aparte. Txinguin (Guitarra e voz)comezou no mundo da música moi cedo cos grupos Skroto e Skaralhados.Pulpón(batería)comezou tocando a batería de forma autodidacta, compartiu grupo con Txinguin en Skaralhados, agora mesmo compaxina MALAGOIRO cun gran proxecto como é pertencer dende fai uns meses a MATXETAZO NA PARROTXA.

www.myspace.com/malagoiro

BERGALLAZO




BERGALLAZO

FORMACIÓN:

Pablito (bateria)

Txinguin (Baixo e voz)

Cristian (guitarrista e voz)

Dani (guitarrista e voz)

A historia de Bergallazo comeza en Marzo de 2008. Cando cinco colegas se xuntan para facer ruido. O tempo pasou e debido a marcha de Manu e Juan ,pasou a formar parte do grupo Dani.

Con un estilo moi cercano o rock, pero con lixeiros tintes de punk, este grupo ourensán ten moito que decir no panorama musical dos próximos anos, temas como: "Soldados de cartón" ou " Capítulos" parecen ser desas cancións que quedan no subconsciente do espectador polas súas letras desgarradoras unidas coa forza que desprende este grupo enriba do escenario.

www.myspace.com/bergallazo

lunes, 12 de julio de 2010

ACID PROYECT


Con motivo de dar a coñecer os grupos participantes no festival iremos informando nestes días de datos sobre a historia e curiosidades de cada un deles para que antes de disfrutar deles en directo teñades unha idea do que ides atopar.

ACID PROYECT

Formación:

Murias-Voz

Brais-Guitarra

Ivan-Guitarra

Jaime-Baixo

Gabriel-Batería

Grupo formado en Decembro do 2006, de influencias norteamericanas e inglesas, é un quinteto sen ningún tipo de complexo e cunha gran dose de forza e ilusión nos seus directos. O seu debut foi no pavillón municipal do concello de Coles, compartindo cartel entre outros grupos, como Mitocondrias.

A súa primeira demo consta de 5 temas propios grabados con Jose Rubio,temas que exploran no terreo do Grunge e Metal dos 90. Hoxe en día o seu principal obxetivo é promocionar esta demo ademáis de continuar sobre os escenarios dándo guerra. Acid Proyect non conta con moitas versions nos seus set lists, po-lo que nos seus concertos escoitaredes un 95% de contido orixinal da banda. Por último queremos invitarvos a asistir ós concertos nos que disfrutaredes de espectáculo e complicidade co público.

A súa maqueta DEMO 2010 só esta a venda nos concertos.

www.myspace.com/acidproyect