lunes, 12 de julio de 2010

ACID PROYECT


Con motivo de dar a coñecer os grupos participantes no festival iremos informando nestes días de datos sobre a historia e curiosidades de cada un deles para que antes de disfrutar deles en directo teñades unha idea do que ides atopar.

ACID PROYECT

Formación:

Murias-Voz

Brais-Guitarra

Ivan-Guitarra

Jaime-Baixo

Gabriel-Batería

Grupo formado en Decembro do 2006, de influencias norteamericanas e inglesas, é un quinteto sen ningún tipo de complexo e cunha gran dose de forza e ilusión nos seus directos. O seu debut foi no pavillón municipal do concello de Coles, compartindo cartel entre outros grupos, como Mitocondrias.

A súa primeira demo consta de 5 temas propios grabados con Jose Rubio,temas que exploran no terreo do Grunge e Metal dos 90. Hoxe en día o seu principal obxetivo é promocionar esta demo ademáis de continuar sobre os escenarios dándo guerra. Acid Proyect non conta con moitas versions nos seus set lists, po-lo que nos seus concertos escoitaredes un 95% de contido orixinal da banda. Por último queremos invitarvos a asistir ós concertos nos que disfrutaredes de espectáculo e complicidade co público.

A súa maqueta DEMO 2010 só esta a venda nos concertos.

www.myspace.com/acidproyect

No hay comentarios:

Publicar un comentario