Mostrando entradas con la etiqueta asociacion de veciños pontecanedo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta asociacion de veciños pontecanedo. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de julio de 2010

PONTE ROCK 2010

VENRES 23 DE XULLO 2010 BARRIO DA PONTE (OURENSE)



PONTE ROCK 2010


Tras máis de tres meses de duro traballo temos a honra e satisfacción de confírmar que o vindeiro 23 de xullo do ano en curso celebraráse no barrio da Ponte Canedo de Ourense, tras dous anos de ausencia, a terceira edición do festival PONTE ROCK. Tralas edicións de 2006 e 2007 por distintas razóns ,que non veñen o caso, a asociación xuvenil brincanedos levamos mais de tres meses traballando na organización do evento e eiquí vai un avance dos grupos confirmados a día de hoxe e pouco a pouco pero sen pausa iremos engandindo as novidades e actividades que realizaránse ese día.




22:00H PARQUE DA PONTE ROMANA Á RIBEIRA DO RIO MIÑO

COA ACTUACION DOS GRUPOS:

BERGALLAZO (ROCK; OURENSE) www.myspace.com/bergallazo

MALAGOIRO (TRIBUTO PUNK 80; OURENSE) www.myspace.com/malagoiro

RATONES KOLORAOS (SKA PUNK; MADRID)www.myspace.com/ratoneskoloraos

ACID PROYECT (GRUNGE METAL;OURENSE)www.myspace.com/acidproyect



ORGANIZA ASOCIACION XUVENIL BRINCANEDOS

miércoles, 5 de mayo de 2010

QUINTA E DERRADEIRA


Grazas a todolos asistentes as proxeccións, toca o fin.Xoves 6 no sitio de sempre, despedimonos con curtas deste festival. Tentaremos nun futuro voltar a organizar outro similar, estaredes informados por medio de cartelería e do blogue. Agora tentaremos de dar un paso grande para a nosa asociación e o barrio, a celebración dun novo ponterock.
De novo, todala xente que queira aportar ideas,talento,forzas, será benvida. Queremos que o nosos barrio e a xuventude resurxan do seu letargo.

Xoves 6 as oito e media, na asociación de veciños da ponte canedo