lunes, 25 de enero de 2010

Benvidos a Brincanedos

Brincanedos nace alá polo 2008, cando un grupo de rapaces e rapazas compartíamos a importancia que tiña aunar esforzos en favor da dinamización social e cultural do noso barrio, A Ponte.

Esto non é máis que a continuación dun proxecto que xa comezara dous anos antes, cando decidimos que sería interesante organizar un festival de música, no cal tiveran oportunidade de tocar grupos que estiveran comezando. Con esta idea, e con ánimo de ofrecer algo diferente, pero a vez innovador e beneficioso para o barrio, surxiu o PONTEROCK.

Agora traballamos para que este festival continúe a celebrarse, máis a intención da asociación é a de atender todo o que teña que ver ca mocidade e, como din os nosos principios, contribuír a difusión e concienciación dunha cultura alternativa é cívica, baseada na paz, a solidariedade, a xustiza social e a conciencia crítica.

Interesámonos por aportar traballo de carácter social, e reunimos forzas para loitar por iniciativas que devolvan a súa personalidade histórica o noso barrio.

Por suposto brincanedos está aberto a todalas persoas que queiran colaborar e formar parte deste proxecto, esperamos a vosa axuda para facer desto algo cada vez mais potente. Todos xuntos podemos facer grandes cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario