martes, 27 de abril de 2010

CUARTA PROXECCIÓN


Continuamos pontinos, con esta iniciativa cinéfila coa intención de que algúns de vos podades disfrutar de curtas, cine, e creaccións audiovisuais, todo isto de balde e o ladiño das vosas casas. Queda pouco para o fin de este primeiro proxecto conseguido por brincanedos. Os nosos esforzos a partires de agora centraranse en conseguir celebrar no noso barrio, un novo PONTE-ROCK, iremos avanzando novas dende aqui.
De momento disfrutemos do audiovisual, nun par de meses esperemos disfrutar de boa música neste lado do rio Miño.

Xoves 29, as oito e media na asociación de veciños da ponte

miércoles, 21 de abril de 2010

TERCEIRA XORNADA


Nesta terceira xornada proxectaremos o filme documental " De muro a muro " de Patric Jean

SINOPSIS

Do ex muro de Berlín a Ceuta, Esta road movie percorre Europa en o menos catro fronteiras: unha sociedade mestiza, multicultural, rica na súa diversidade que deixa a un lado a súa tradición de rexeitar. Do norte o sur, os reencontros, o humor e a tenrura de homes e mulleres ocupanse con enerxía e xenerosidade da nova sociedade . Mais alá de tópicos, o filme ten unha mirada optimista, e as veces sonrinte sobre Europa e a inmigración.

No sitio de sempre a mesma hora:
Asociación de veciños da ponte canedo as oito e media deste Xoves vintedous.

miércoles, 14 de abril de 2010

SEGUNDA PROXECCIÓN


O ciclo de cinema segue adiante, grazas a todolos asistentes da primeira proxección. Esperamos continuar crecendo.Desta vez a temática terá a intención de concienciar e ensinar un pouco como funciona este podre mundo no que vivimos.

jueves, 8 de abril de 2010

CICLO DE CINEMA


Comeza o ciclo de cinema organizado por nós (asociación brincanedos), conxuntamente coa asociación de veciños da ponte canedo. Estades todos convidados a disfrutar de balde desta iniciativa que perdurará durante un mes ( a lo menos ) un día por semana. Toda a información estará colgada no blogue da asociación.
Aquí vos queda o primeiro cartel, xoves 8 de Abril as oito e media, PRIMEIRA SESIÓN¡¡
VEMONOS ALÍ¡¡

lunes, 25 de enero de 2010

PONTEROCK 06-07




No 2006, e 2007 saíra adiante o PONTEROCK, cun cartel que integra diferentes estilos e grupos, que van dende o hip-hop, até o rock & roll máis clásico, pasando polo punk, ou o ska. Está é a relación de grupos das dúas edicións: MRV, SKROTO, ZIRKUS, 96 GRADOS, SKARALHADOS, PINTXOS & GARIMBAS, DERROCHE, SOUL TRAIN & VIRIATO, MACO & DJ DEA.

O ano pasado non foi posible organizalo, pero este ano confiamos en que a música voltara a todolos rincóns do noso barrio pontino.

Benvidos a Brincanedos

Brincanedos nace alá polo 2008, cando un grupo de rapaces e rapazas compartíamos a importancia que tiña aunar esforzos en favor da dinamización social e cultural do noso barrio, A Ponte.

Esto non é máis que a continuación dun proxecto que xa comezara dous anos antes, cando decidimos que sería interesante organizar un festival de música, no cal tiveran oportunidade de tocar grupos que estiveran comezando. Con esta idea, e con ánimo de ofrecer algo diferente, pero a vez innovador e beneficioso para o barrio, surxiu o PONTEROCK.

Agora traballamos para que este festival continúe a celebrarse, máis a intención da asociación é a de atender todo o que teña que ver ca mocidade e, como din os nosos principios, contribuír a difusión e concienciación dunha cultura alternativa é cívica, baseada na paz, a solidariedade, a xustiza social e a conciencia crítica.

Interesámonos por aportar traballo de carácter social, e reunimos forzas para loitar por iniciativas que devolvan a súa personalidade histórica o noso barrio.

Por suposto brincanedos está aberto a todalas persoas que queiran colaborar e formar parte deste proxecto, esperamos a vosa axuda para facer desto algo cada vez mais potente. Todos xuntos podemos facer grandes cousas.